APRETA APRETA CORAZÓN DE MANTECA

APRETA APRETA CORAZÓN DE MANTECA
"HE AQUÍ MI SECRETO, QUE NO PUEDE SER MÁS SIMPLE: SÓLO CON EL CORAZÓN SE PUEDE VER BIEN; LO ESENCIAL ES INVISIBLE A LOS OJOS." (EL PRINCIPITO)

jueves, 17 de mayo de 2012

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

HOXE É UNHA DATA  MOI ESPECIAL PARA TODOS OS GALEGOS E GALEGAS PORQUE SE CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
 ESTE ANO O ESCRITOR HOMENAXEADO É VALENTÍN PAZ ANDRADE. FOI XURISTA, ECONOMISTA, POLÍTICO, EMPRESARIO, ESCRITOR, POETA E XORNALISTA. NACEU EN LÉREZ (PONTEVEDRA) O 23 DE ABRIL DE 1898 E MORREU O 19 DE MAIO DE 1987 EN VIGO.
 ESTE ANO OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS APRENDEMOS UNHA POESÍA DO SEU POEMARIO PRANTO MATRICIAL, "CANDO TI VOLVAS POLO MARE" QUE ESTÁ DEDICADA AO SEU AMIGO CASTELAO, QUE MORRERA 5 ANOS ANTES EN BOS AIRES.



NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte;
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti chegues polo mare;
cando ti chegues polo mare...

TODO UN LUXO!!!!!

O MÉRCORES 16 DE MAIO QUEDAMOS BOQUIABERTOS COA ACTUACIÓN DOS NENOS E NENAS DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, XA QUE AO IGUAL CA NÓS, PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ELEXIRON O POEMA "CANDO TI VOLVAS POLO MARE" DE VALENTÍN PAZ ANDRADE. ELES NON SÓ O LERON, O ILUSTRARON E O APRENDERON SENÓN QUE TAMÉN O CANTARON ACOMPAÑADO CO SON DA GUITARRA DE ALEJANDRA (NENA DE 5º). FIXÉRONO FENOMENAL!!!!!

UNHA ACTUACIÓN ÚNICA E TODO UN EXEMPLO QUE POUCO DESPOIS QUIXEMOS IMITAR. DESPOIS DO RECREO ALGÚNS DE NÓS QUIXEMOS PROBAR A CANTAR O POEMA CO ACOMPAÑAMENTO DE GUITARRA DE ALEJANDRA QUE SE OFRECEU MOI XENTILMENTE.

MOITAS GRAZAS ALEJANDRA, A TODOS OS NENOS E NENAS DE 5º  E A SÚA  PROFE CRISTINA ALONSO


lunes, 14 de mayo de 2012

OBRADOIRO DE RECICLAXE

EU RECICLO
TI RECICLAS
EL RECICLA
NÓS RECICLAMOS
VOS RECICLADES
ELES RECICLARÁN

Dentro das xornadas ludiculturais incluíronse obradoiros de reciclaxe.Os nenos e nenas de 3 e 5 anos asistimos a un no que aprendemos a facer un lapiceiro ou caixiña garda-tesouros,para facelo tan só precisamos un tetrabrick cortado pola metade, follas de revista e cola blanca. Eva, a mamá de Elsa e Pepe,o papá de Iria,foron os que nos guiaron no proceso de elaboración desta manualidade.
Disfrutamos moito desta actividade traballando en equipo, colaborando e tomando conciencia da importancia de reciclar para preservar o noso contorno narural.
Moitas grazas a Eva e a Pepe por ensinarnos o significado das tres erres:reciclar, reutilizar e reducir.  

¡SUENA LA ALARMA, VALIENTE BOMBERO!

O xoves foi de película, no cole houbo un incendio! pero tranquilos non foi real foi un simulacro. E para " apagar o lume" viñeron os bombeiros de carballo en dous camións que nos deixaron boquiabertos.
 Despois da acción e o nerviosismo chegou a calma e as gañas de pasalo ben. Coñecemos aos bombeiros que nos ensinaron todas as ferramentas que empregan en caso dunha emerxencia e deixáronnos subir no camión!!!!
Moitas grazas aos bombeiros de carballo por amosarnos a grande labor que desempeñan.




¡Suena alarma, valiente bombero!
Va la bomba una hoguera a vencer.
Ponte el casco y camina ligero
donde vibra el clarín del deber.
-- Vamos, vamos, con paso ligero,
donde vibra el clarín del deber.
¡Marchad!
¡Volad!
¡Fuerza, ardor y voluntad!

Oro y sangre semeja la llama
que voraz en el aire se eleva;
sopla el viento que aviva y renueva
del incendio el poder destructor.
Al hogar amenaza la ruina
y con eco de angustia infinita
sobre el ruido fatal se oye un grito
que demanda ¡socorro y favor!

Voluntarios, ¡corred hacha en mano!
Brilla el fuego furioso y devasta.
La humareda y el humo que aplasta
venceréis con constancia y valor.
Héroes bellos, rodeados de chispas
y de llamas terribles, vibrantes:
os saludan las bombas humeantes
con su fuerte y soberbio clamor.

¡Gloria a aquel que sucumbe en la lucha!
Valeroso, sublime, esforzado;
gloria a aquel que al deber consagrado
salva vidas, riquezas, hogar.
Bronces hay que sus cuerpos encarnen,
y el recuerdo del fiel compañero
en el alma viril del bombero
nunca, nunca se puede borrar.

Rubén Darío





domingo, 13 de mayo de 2012




QUE SERÍA DAS HISTORIAS DE "EL SEÑOR DE LOS ANILLOS" OU "A PRINCESA DO CAUREL"SEN ANEL? OU PEOR AÍNDA, QUE SERÍA DESTAS HISTORIAS SE PREVIAMENTE ALGUÉN NON SE ADICARA A FACELOS?

NO COLEXIO DA CRISTINA, OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL,  DESCUBRIMOS  COMO SE FAN ESTAS MARABILLOSAS PEZAS DA MAN DO PAPÁ DE DIEGO (4 ANOS). UN TRABALLO ARTÍSTICO QUE REQUIRE TALENTO, HABILIDADE, CREATIVIDADE E GRANDES DOSIS DE PACIENCIA.
MOITAS GRAZAS AOS PAPÁS DE DIEGO POR COMPARTIR CONNOSCO OS SEGREDOS DA ARTE DA XOIERÍA.


EDUCACIÓN VIAL




Como ben dicía aquela vella canción "... precaución amigo conductor la senda es peligrosa...." e para que non sexa tan peligrosa  nas XORNADAS LUDICULTURAIS organizadas pola A.N.P.A. da Cristina impartíronse uns cursos de seguridade vial para os máis pequenos, que ademáis de pasalo xenial, tomaron conciencia  de cales  son as normas  que deben cumplir tanto coma peóns coma conductores. Para velar pola nosa seguridade dentro do circuito e ensinarnos as normas de seguridade vial  contamos coa axuda do policía local José Ramón.

EXPOSICIÓN DE ANTIGÜIDADES




Dentro das xornadas ludiculturais organizadas pola A.N.P.A. tiveron lugar dúas exposicións: obxetos e fotos antigas de carballo. A nós gustáronnos as dúas e sobre todo, a dos obxectos antigos xa que viaxamos no tempo e por uns intres, imaxinamos como serían as vidas dos nosos avós.

sábado, 5 de mayo de 2012


                                                             FELIZ DÍA DA NAI!