APRETA APRETA CORAZÓN DE MANTECA

APRETA APRETA CORAZÓN DE MANTECA
"HE AQUÍ MI SECRETO, QUE NO PUEDE SER MÁS SIMPLE: SÓLO CON EL CORAZÓN SE PUEDE VER BIEN; LO ESENCIAL ES INVISIBLE A LOS OJOS." (EL PRINCIPITO)

jueves, 29 de diciembre de 2011




felices

festas




Aquí vos presento un pequeno resumo das actividades de Nadal que se desenvolveron na clase:



COMO XA ESCRIBIRA
BÉCQUER.
Mientras sintamos que se alegra el alma
Sin que los labios rían;
Mientras se llora sin que el llanto acuda
A nublar la pupila;
Mientras el corazón y la cabeza
Batallando prosigan;
Mientras haya esperanzas y recuerdos,
¡Habrá poesía!

 Grazas aos nenos e nenas de 5º de Primaria e a súa titora, Cristina, por amosar o grande valor da poesía e ser un exemplo a seguir para os máis pequenos e pequenas. Crearon grande entusiasmo entre o alumnado de infantil a través da lectura dos versos de Juan Clemente.
NORABOA POR ESE EXCELENTE TRABALLO!!!




O último día de clase estábamos moi impacientes e nerviosos pola visita do Carteiro Real encargado de facer chegar as nosas ilusións aos Reis Magos.


O último día de clase celebramos unha festa e unha sesión de cine cos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 4 anos. Compartimos uns momentos moi divertidos todos xuntos!!!!!


O espírito de Nadal dos nenos e nenas de 5 anos transformou a nosa vila do terror: apareceron luces nas árbores, adornos de Nadal,  neve e ata apareceu Papá Noel. Mirade que cambio!


Cada un de nós explicou con moita ilusión como e con quen decorara a súa zambomba. Moitas gracias á colaboración das familias por achegar toda a súa creatividade! Este foi o resultado!!!!! NORABOA!!!



Felicitamos ás familias elaborando árbores de Nadal cargadas de sorpresas. Aquí vos deixo o traballo realizado con entusiasmo polas nenas e nenos. Esperamos que vos gustase!!!


Con todos os nosos traballos decoramos os corredores.


Presentámosvos as portadas de outono e Nadal que gardan os traballos do primeiro trimestre. A que nos quedaron chulas!!!!!!

sábado, 10 de diciembre de 2011

¡ENCANTAMIENTO DE ORO! (J. R. Jiménez)








Descubrir o LAND ART achegounos a unha nova expresión artística relacionada coa natureza e todo aquilo que nos ofrece. Foi moi gratificante involucrar aos nenos e nenas nesta experiencia na que tiveron que colaborar, tomar decisións en equipo, crear....

martes, 6 de diciembre de 2011

O SAMAÍN!





No Samaín, coa axuda da mestra, baleiramos unha cabaza e vimos o que tiña dentro. Comparamos os distintos tamaños das cabazas que levamos ao cole e quixemos sacar unha foto enriba da  grande cabaza que naceu na leira da profe. O día do Samaín pasámolo de medo disfrazándonos daquilo que máis nos gustou.

lunes, 5 de diciembre de 2011

ARTE CON CASTAÑAS!






VOLVEMOS A APROVEITAR OS ELEMENTOS DA NATUREZA PARA FACER ARTE. CADA UN DE NÓS ELABOROU UN CADRO CON CASTAÑAS E FOLLAS DE CASTIÑEIRO: PRIMEIRO CORTAMOS CACHOS DE FOLLAS PARA PEGAR NO FONDO SIMULANDO SER  O CAMPO NO QUE ÍA NACER A NOSA FLOR. DESPOIS PEGAMOS PAUS PARA FACER DE TALO, ENRRIBA PEGÁMOSLLE AS CASTAÑAS E DÚAS FOLLAS DE CASTIÑEIRO.POR ÚLTIMO, BOTÁMOSLLE ALKIL PARA   DARLLE BRILLO A NOSA FLOR. DESPOIS DE TANTO TRABALLAR A PROFE COLGOU OS CADROS NO CORREDOR PARA QUE OS VÍSEMOS EXPOSTOS. A QUE NOS QUEDARON CHULOS!
LOGO A PROFE GEMMA APRENDEUNOS UNHA CANTIGA SOBRE A CASTAÑA:
A CASTAÑA NO OURIZO
QUIXO RIR E RABEOU
CAEU DO CASTIÑEIRO ABAIXO
MIRA QUE PAGO LEVOU.
NON CHAS QUERO, NON CHAS QUERO
CASTAÑAS DO TEU MAGOSTO.
NON CHAS QUERO, NON CHAS QUERO
QUE ME CHEIRAN A CHAMOSCO....