APRETA APRETA CORAZÓN DE MANTECA

APRETA APRETA CORAZÓN DE MANTECA
"HE AQUÍ MI SECRETO, QUE NO PUEDE SER MÁS SIMPLE: SÓLO CON EL CORAZÓN SE PUEDE VER BIEN; LO ESENCIAL ES INVISIBLE A LOS OJOS." (EL PRINCIPITO)

miércoles, 22 de febrero de 2012


O venres 17 os nenos e nenas de 5 anos quixemos cambiar de personalidade e  disfrazámonos daquilo que preferimos formando na clase todo un crisol de cores, fantasía e ledicia.

 Estábamos  todos tan guapos e guapas que fixemos un pequeno desfile na clase e no recreo  para que cada un lucise con gracia o seu disfrace. Despois do desfile fixemos na clase o xogo das sillas e botámonos unhas risas.

Máis tarde  celebramos, xunto cos  nenos e nenas de 3 e 4 anos, unha festa  na que non faltaron os doces típicos destas datas, o baile e as gañas de divertirse.




ÁS FAMILIAS.

Queremos dar as grazas ás familias pola constante colaboración que nos prestastes en todo momento ( forrar as caixas do día de paz, seguir as ordes do meco, decoración dos antifaces,elaboración de doces típicos para o Entroido….).


Comentarios para Orkut



Este ano no Entroido visitounos o mellor amigo de Bob Esponja, Patricio, que veu directamente das súas vacacións do Brasil; de aí, que estivera tan moreno je,je… Patricio veu con moitas gañas de mandar e de facernos traballar. Púxonos deberes para toda a semana
  • LUNS: a divertirte virás, para elo perruca ou sombreiro traerás.
  • MARTES: se a patricio te queres parecer, unha divertida gravata debes traer.
  • MÉRCORES: se bigotes ou beizos queres pintar, tranquil@ que ninguén che vai regañar.
  • XOVES : se a miña mala memoria non queres ter, zapatos diferentes debes traer.
  • VENRES: celebración do entroido no colexio. neste día, alumn@s, mestr@s... virán disfrazados  libremente.
Nós, como non, obedecémolo toda a semana e mirade que guap@s:

 


Celebramos o día de San valentín e o Entroido traballando coas obras de:
ROMERO BRITO ( nacido o 6 de outubro de 1963) un pintor e escultor brasileño que combina elementos do cubismo estereotipados, a arte pop e a pintura de graffiti no seu traballo. Actualmente vive en Miami, Florida, onde se pode ver o seu traballo en moitas partes da cidade.



Os nenos e nenas de 5 anos na semana da paz traballamos a inmensa obra de Pablo Ruíz Picasso: o GUERNICA.
O CADRO ESTÁ INSPIRADO NO BOMBARDEO DE GUERNICA, PAÍS VASCO, EN ABRIL DE 1937 A TRISTEZA E A DOR ASOLAGAN TODO: NEGRO,BRANCO E GRIS SON AS CORES ELEXIDAS POR PABLO PICASSO PARA PINTAR O HORROR. OS AVIÓNS ALEMÁNS BOMBARDEAN A PEQUENA VILA VASCA, TRES HORAS DESPOIS O LUGAR FOI REDUCIDO A CINZAS.
UN RECORDO PARA ESQUECER. ASÍ O INTERPRETARON OS NENOS E NENAS.




Isaac Newton:
“Los hombres construimos demasiados muros y no suficientes puentes.”
O día 30 de xaneiro os nenos e nenas de educación infantil quixemos derrubar de maneira simbólica o muro de odio, violencia, inxustizas, guerras… que desgraciadamente aínda existen no noso século para tender unha ponte cara a paz, xa que traballar por ela é o maior legado que lle podemos deixar aos nosos pequenos.


Unha vez máis Kiko Rojo  adentrounos, coas súas fotografías,  no fascinante  mundo do Sáhara e  da súa man descubrimos a súa historia, paisaxes, costumes, vivencias e a xenerosidade das súas xentes. Todo un referente a seguir pola súa  labor humanitaria sendo transmisor  de grandes valores como a solidariedade, a humildade, a  tolerancia, a xenerosidade… imprescindibles para que todos os nenos e nenas poidan crecer  nun mundo mellor.
Moitas grazas, Kiko,  por  deixarnos  acompañarte unha vez máis a outra das túas inolvidables viaxes ao Sáhara.



No mes de xaneiro recibimos a visita de Loli, intérprete de linguaxe de signos, que nos  adentrou  no mundo do silencio  poñéndonos na pel daqueles que para comunicarse empregan  as mans.
 Foi una experiencia realmente enriquecedora na que non só nos ensinou como se comunican as persoas con deficiencias auditivas,  senón  que tamén nos transmitiu  valores tan importantes como o respecto, a empatía, a tolerancia, a superación….
Como ben dicía PAULO COELHO:
Moitas grazas por todo Loli.


DESPOIS DUN PEQUENIÑO PROBLEMA TÉCNICO, AQUÍ VOS DEIXO UN PEQUENO RESUMO DO QUE FIXEMOS ATA AGORA.